A MITICULTURA
O cultivo do mexillón,
mitilicultura, é a actividade de acuicultura máis importante en Galicia (España), tanto polo seu
volume de produción e de emprego, como pola súa cifra de factorización.
A mitilicultura galega, que en
2009 supuxo (segundo o Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural y Marino) máis do 78% da
produción da acuicultura española, é levada a cabo por numerosas empresas familiares que a
través do desenvolvemento de prácticas de cultivo tradicionais e “ambientalistas”
aportan ao mercado en torno a 250.000 toneladas anuais dun alimento natural de elevada calidade.
Pero ademáis a cría do mexillón
en Galicia ten incidencia xeral, xa que os resultados desta actividade económica benefician
a diversos sectores sociaís. A mitilicultura galega xera ao seu aredor, nas comarcas
productivas, un efecto económico positivo que non se limita unicamente ao sector produtor,
pois xunto aos produtores e as súas asociacións, os procesadores, as compañías
comercializadoras (centros de depuración, e industrias de procesado e conserveiras)
Doutra banda cando se fala de
sustentabilidade, fálase de futuro. E no noso caso o Mexillón de Galicia é un alimento
con futuro que pode dar resposta ao incremento da demanda de productos do mar a escala
europea.
Tal vez outras formas de
acuicultura ou de produción de alimentos son economicamente máis rendibles (achegan maiores
beneficios) que a mitilicultura, pero cando tratamos de valorar a sustentabilidade dunha
actividade é necesario conxugar esta dimensión económica coa social. De forma que, son aquelas
actividades nas cales se produce unha redistribución
das rendas entre unha base social máis
ampla as que orixinan un maior grao de benestar social, polo que comparativamente son
máis sostibles.
A significación social da
mitilicultura galega demóstrase, por exemplo, na ampla base social que integra as numerosas,
pequenas e medianas empresas familiares dedicadas a esta actividade.
Unhas 3.300 bateas dedicadas ao
cultivo do mexillón que están distribuidas entre 2.400 propietarios.
A mitilicultura galega xoga tamén
un importante papel a nivel local como xeradora de emprego.
En Galicia a cifra de poboación
ocupada no sector do mexillón sitúase nas 11.500 persoas, o que supón que máis ou
menos un 17,5% da poboación activa dos concellos productores do mexillón dedícanse a
esta actividade, chegando esta cifra a superar o 40% nalgúns municipios.